VILAGARCÍA> As asociación de veciños de Faxilde e Sobradelo e a plataforma Vilaxoán Esperta alíanse para loitar por melloras comúns. As tres asociacións acordaron enviar un escrito ao goberno de Vilagarcía solicitando melloras viarias e de saneamento. Tamén preparan iniciativas relacionadas cos centros educativos, o banco ou o centro médico.
Tres asociacións veciñais unidas por obxectivos comúns. As agrupacións de Faxilde, Sobradelo e a plataforma Vilaxoán Esperta alíanse para reclamar ao concello de Vilagarcía diferentes melloras nas súas zonas. O obxectivo é formar un fronte común.
As asociacións mantiveron o sábado a primeira reunión. Nela acordaron presentar no concello un escrito coas súas principais preocupacións. A máis importante é a seguridade viaria na avenida de Cambados.
Outra preocupación común é o mal estado das tubaxes de saneamento.
Outras preocupacións da vila teñen que ver co estado da oficina de correos, do banco e dos centros educativos, pero especialmente, polo futuro do centro médico.
As asociacións piden ao concello que comece xa a realizar melloras na zona.
As asociacións tamén reclaman a goberno unha reunión o antes posible. Mentres, as agrupacións continuarán reuníndose para poñer en valor tanto as preocupacións comúns como as individuais de cada zona e planificar así as vindeiras mobilizacións.