O goberno pontevedrés rexeita a posta en funcionamento do plan de compromiso social do PP

PONTEVEDRA> O PP de Pontevedra pediu hoxe no Pleno a posta en funcionamento dun plan de compromiso social. Un plan que fixera fronte ás necesidades xurdidas da Covid-19 e que estivese financiado co 10% dos orzamentos municipais de 2021.

Ante esta proposta dos populares, a portavoz do goberno local respondeu cun dito popular.

A pesar de votar en contra desta moción, Anabel Gulías tendeulle a man aos populares para abrir unha vía de diálogo e así buscar solucións ás necesidades sociais de Pontevedra.

A edil Silvia Junco rexeitou esa posible negociación e votou man dunha frase do Papa Francisco.

A moción dos populares foi finalmente rexeitada polo BNG e o PSOE.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí