Rianxo saca unha nova convocatoria de achegas de impulso ó comercio local

RIANXO> Por segundo ano o executivo rianxeiro, a través da área de Promoción Económica, vai poñer en marcha unha liña de axudas á dinamización do comercio local.

As axudas teñen como finalidade favorecer a existencia dunha actividade estable de promoción e mellora do comercio, a través das propias asociacións locais, para que poidan seguir impulsando a actividade económica de Rianxo.

Por outra banda o Concello traballa tamén noutra nova liña de axudas destinadas a atraer empresas para o municipio.