Confírmanse tres positivos por covid en Muros

MUROS> Ó parecer trátase dunha parella. Os dous naturais da localidade, aínda que levan anos residindo fóra. O outro un familiar destes co que estiveron en contacto.  Todos eles presentan síntomas leves e están confinadas na súas respectivas viviendas.

Neste caso trátase dunha parella que veranea habitualmente na localidade. Aínda que son naturais da vila levan anos residindo fóra e chegaron hai uns días tan só á comarca. Trataríase dun novo caso importado. Ambos presentan síntomas leves e están confinados na súa casa. Sanidade confirmou ademais outro positivo relacionado con este brote. Trataríase dun familiar co que ó parecer mantiveron contacto. Séguense a realizar probas ós seus contactos máis directos co fin de determinar novos posibles contaxios. Dende o Concello mándase unha mensaxe de tranquilidade á veciñanza, e pídese que se sigan extremando as precaucións.

O número de casos activos en toda área sanitaria Santiago-Barbanza mantense en 23, a mesma cifra facilitada no día de onte. Rómpese así a dinámica experimentada nos últimos días cun lixeiro repunte no número de pacientes positivos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí