Os pontevedreses volven a probar sorte coa Lotería do Neno

PONTEVEDRA> A menos dunha semana para que se celebre a Lotería do Neno, as administracións pontevedresas énchense de xente buscando a combinación gañadora. Aínda que neste sorteo hai menos participantes que no do Nadal, o certo e que cada vez son máis os que se animan a mercar un boleto.

O próximo mércores, o bombo da Lotería volverá a poñerse en marcha. Nesta ocasión, para repartir máis de 700 millóns de euros. Aínda que a Lotería de Neno é moito menos popular que a do Nadal, ninguén se quere quedar sen o seu boleto.

Co Sorteo do Neno, as administracións de lotería volven a encherse de ilusión e esperanza porque todos confían en facerse coa combinación gañadora nesta segunda oportunidade.

Segundo esta administración de lotería, cada pontevedrés soe mercar un par de décimos para este sorteo. Ademais, os tiveron un pouco de sorte no sorteo de Nadal soen investir o diñeiro gañado nos boletos da Lotería do Neno.

E aínda que na Lotería do Nadal, a sorte non tocou en Pontevedra, todos cruzan os dedos para que nesta ocasión, a cidade do Lérez sexa unha das vilas afortunadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí