Os Reis Magos agasallan porta por porta a cada neno e nena de Vilanova

VILANOVA> Os Reis Magos xa están aquí. Ao longo do día as súas maxestades visitaron os diferentes concellos ou contactaron cos nenos a través de videochamadas. En Vilanova percorreron as rúas do municipio montados no chiquitren para agasallar a cada neno e nena.

Emoción e nervios entre os máis pequenos e pequenas dos fogares pola chegada dos reis magos. As súas maxestades estiveron ao longo do día visitando os diferentes concellos da contorna. E os que nos municipios que non puideron visitar, contactaron cos máis pequenos a través de videochamadas. En Vilanova, montados no chiquitren percorreron as rúas do municipio para agasallar porta por porta a cada neno e nena da vila.

Os nenos e nenas apenas puideron reaccionar ao ver aos Reis Magos. Pero quedaron moi contentos co seu agasallo.

Os máis pequenos desbordan de ilusión agardado a que esta noite os Reis Magos deixen nas súas casa os seus agasallos. Unha alegría que contaxia a todas as familias.

Aproveitando a visita dos reis Magos, os nenos e nenas pediron os seus desexos.

E non só pediron aos reis xoguetes e roupa, os máis pequenos tamén aproveitaron o seu momento para pedir un desexo que axude a todo o mundo.

Os Reis Magos volverán esta noite para deixar os agasallos en todos os fogares. Un día de alegría e ilusión para que gocen, especialmente, os máis pequenos.