Detectado un gromo con 21 positivos na residencia de maiores de Ribeira

RIBEIRA> Detectado un gromo na residencia de maiores de Ribeira con 21 afectados. Trátase de 19 usuarios e 2 traballadores que xa recibiran a primeira dose da vacina a semana pasada.

Hai xusto unha semana, a residencia da terceira idade de Ribeira convertíase na primeira da comarca en administrar a vacina fronte á covid entre os seus usuarios e traballadores. Sen embargo, onte mesmo detectábanse dous positivos polo que se realizou un cribado entre os máis de cen usuarios e tódolos integrantes do cadro de persoal. A día de hoxe xa son 21 os casos detectados, 19 residentes e 2 traballadores. Todos presentan síntomas leves e permanecen illados á espera de ver como evolucionan.

Segundo informou a Xunta de Galicia, a maior parte de usuarios e traballadores xa recibiran a primeira dose da vacina polo que a hipótese máis probable e que xa estiveran infectados antes da vacina.

Trátase do primeiro gromo detectado nesta residencia que dende que comezara a pandemia non tiña rexistrado ningún positivo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí