Rianxo saca de novo a licitación de sete postos no mercado municipal

RIANXO> O executivo rianxeiro vén de sacar a licitación sete postos baleiros no mercado municipal. Con esta acción o goberno local busca dinamizar este espazo comercial. Segundo explicou o propio rexedor trátase dunha fantástica oportunidade para que aquelas persoas que están pensando en botar a andar un negocio ou en ampliar o que xa teñen, poidan acceder a un espazo comercial nunhas condicións moi vantaxosas.

O Concello xa realizou unha anterior licitación no verán, que deu coma resultado a ocupación dun dos postos da praza.

As persoas interesadas en facerse cun destes postos vacantes poden poñerse en contacto co Concello onde lles darán toda a información necesaria.