O BNG levará á Fiscalía o proxecto de rehabilitación de Pontenafonso

OUTES> A deputada Rosana Pérez anunciou esta mañá que o BNG está a recompilar toda a documentación para presentala ante o Fiscal de Patrimonio ó entender que no proxecto de rehabilitación de Pontenafonso, existen numerosas neglixencias, e así pedir que se depuren responsabilidades.

Os nacionalistas volveron incidir no escaso rigor patrimonial da actuación na que, segundo eles, se cometeron numerosas irregularidades.

Tamén afean o labor dos alcaldes de Outes e Noia, que dende o inicio das obras, miraron para outro lado, en lugar de defender os intereses da veciñanza á que representan.

O BNG aproveitou tamén para solicitar de novo unha actuación de urxencia no firme da estrada AC- 196 que une Ceilán con Pontenafonso, debido ó lamentable estado de deterioro no que se atopa, que está a causar tamén numerosos prexuízos ós veciños da zona.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí