Feijóo anuncia que se tomarán medidas máis restritivas nos vindeiros días

GALICIA> Con estes datos sobre a mesa, confírmase o empeoramento da situación epidemiolóxica en toda Galicia. De feito, rexistráronse máis de 1.700 contaxios nas últimas 24 horas. Hoxe o presidente da Xunta anunciaba que se tomarán medidas máis restritivas a vindeira semana, trala reunión do comité clínico.

Os 1.700 contaxios rexistrados en Galicia nas últimas 24 horas confirman que a pandemia está sen control no noso territorio. Tanto é así que trala reunión do consello da Xunta, o presidente anunciaba que nos vindeiros días se tomarán medidas máis restritivas.

Alberto Núñez Feijóo asegurou que o adianto do toque de queda é unha das medidas que  máis podería axudar na loita contra o avance do coronavirus. Por iso lamentou que dende o goberno do Estado se rexeite a posibilidade de adiantalo.

Adiantar o toque de queda si, pero confinamento xeneralizado non. O presidente autonómico confía nas medidas actuais para afrontar esta terceira vaga.

Iso si, advirte de que nos agardan días complicados.

Núñez Feijóo presentou tamén un novo plan de axudas para a hostalería e os autónomos. Asegurou que a nova liña de financiamento terá unha dotación de alomenos 50 millóns de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí