PONTECESURES> Os comerciantes de Pontecesures únense para incentivar as vendas nos seus establecementos. Os negocios da vila crean unha campaña para sortear diferentes produtos entre os seus clientes. Á iniciativa sumáronse polo de agora más de 50 establecementos de diferentes sectores.
Ante a difícil situación que estamos atravesando, os comerciantes de Pontecesures decidiron unirse para fomentar as vendas nos seus establecementos. Os diferentes negocios da vila alíanse para crear unha campaña mediante a cal sortearán diferentes produtos entre os seus clientes.
Á campaña está tendo unha gran resposta por parte dos negocios da vila. Actualmente xa se sumaron máis de 50 establecementos.
O sorteo está aberto a todos os clientes da vila.
Os sectores da vila alíanse para evitar que desaparezan os negocios de proximidade da vila.
O obxectivo dos negocios de Pontecesures é incentivar as vendas nos seus establecementos.
O sorteo dos comerciantes de Pontecesures inclúe unha noite de estancia dun hotel, vales en salóns de peiteado e de estética e merendas en locais hostaleiros entre outros agasallos. Toda a información pode seguirse a través do facebook comercio local de Pontecesures.