Vilagarcía permitirá á veciñanza fraccionar o pago dos impostos locais ata en 11 cotas

VILAGARCIA> Vilagarcía modificará a ordenanza fiscal para permitir fraccionar os impostos municipais. Con esta nova medida os vilagarciáns poderán pagar os tributos locais ata en 11 prazos. Unha vez sexa aprobada, a veciñanza poderá solicitar este fraccionamento antes do 30 de abril.

Vilagarcía facilitará o pago dos impostos municipais de forma máis fragmentada a súa veciñanza. Para elo, o goberno de Varela levará a pleno unha modificación da ordenanza fiscal da vila. Esta medida permitirá aos vilagarciáns establecer os prazos nos que pagar os seus tributos locais.

A veciñanza de Vilagarcía, ata o de agora, podía realizar o pagos dos impostos municipais cun máximo de dúas cotas. Unha vez se aprobe a proposta, a veciñanza poderá fragmentar o seu pago en 11 partes.

A obrigación tributaria mínima para poder fragmentar os impostos é de 100 euros. Cada mensualidade terá un mínimo de 15 euros. A fragmentación inclúe todos os impostos municipais.

A fragmentación do pago poderá facerse a través da sede electrónica ou solicitándoo no propio concello. Esta nova medida non terá ningún custo para a veciñanza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí