O Sergas vacina en Cáritas aos 19 usuarios que non puideran vacinarse

VILAGARCÍA> Cáritas Interparroquial Arousa e o Sergas realizan unha xornada de vacinación para os usuarios do centros non vacinados. Un total de 19 persoas foron convocadas para recibir inxección. A vacina que recibiron é a de Janssen co cal non é necesario que se lles administre outra dose.

A vacinación avanza a bo ritmo en toda a comunidade galega. Despois de vacinar a todos os grupos de idade, a xunta está realizando agora xornadas para vacinar a aquelas persoas que non puideron recibir a dose no seu momento. Entre estas persoas atópanse 19 usuarios de Cáritas Interparroquial Arousa. Para vacinalos, a ONG e o Sergas organizaron unha xornada no centro de Vilagarcía.

A dose que recibiron os pacientes é a de Janssen, co cal non será necesario que lles administren outra dose.

Cáritas Interparroquial Arousa realiza esta xornada para que as persoas máis necesitadas poidan estar tamén protexidas fronte á Covid 19.

Con esta vacinación, tamén o servizo de vacinación do Salnés cumpre co seu ciclo de saídas para vacinar aos colectivos máis necesitados.

Segundo indican dende o Sergas, a vacinación en Galicia está nun 90% de poboación inmunizada. Os restantes estanse vacinando esta semana, que son as persoas que non puideron vacinarse no seu momento. Os sanitarios agardan rematar este mes coas vacinacións masivas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí