O Barbanza asume as novas restricións como a mellor fórmula para frear os contaxios

BARBANZA> Seguimos coas valoracións dos alcaldes sobre as novas restricións impostas pola Xunta que entrarán en vigor a partir desta próxima noite e se prolongarán alomenos durante tres semanas. A maioría deles venas de xeito positivo, como a mellor solución para poder dobregar a curva de contaxios.

A maioría dos alcaldes do Barbanza e Muros e Noia coinciden ó sinalar que a decisión tomada pola Xunta vén a dar resposta a algo que a propia sociedade demandaba, freando a elevada incidencia de contaxios e mitigando dalgunha forma a actual presión hospitalaria.

A pesar de que sinalan que as medidas son necesarias, consideran tamén que vai a si gnificar un novo revés para a economía local, especialmente para o sector da hostalería para o que piden axudas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí