O pazo de Goiáns acolleu a primeira edición da Feira Agroforestal

BOIRO> Durante dúas xornadas, venres e sábado, o pazo de Goiáns acollía a primeira edición da feira Agroforestal.

A actividade organizada polo Concello, en colaboración co Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal que está a desenvolverse na localidade, tiña coma principal obxectivo promover o traballo realizado polo alumnado na contorna do pazo, ó tempo que serviu tamén para poñer en contacto a distintos sectores  vinculados ó eido forestal.

Grande éxito tivo tamén o simulador, no que os asistentes puideron aprender a manexar maquinaria pesada.

A Feira incluiu exhibicións de poda en altura, obradoiros de extracción de resina e tamén de cultivo de seta shiitake ou apicultura, entre outros.

Durante os dous días da Feira, tamén houbo unha exposición de maquinaria agrícola, na que tomaron parte numerosas empresas da zona, co fin de mostrar as últimas novidades para poder realizar traballos forestais e de xardinería.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí