O Sergas suspende as cirurxías en Montecelo debido á gran presión hospitalaria

PONTEVEDRA> Preocupación na área de Pontevedra e O Salnés pola presión hospitalaria.

A directora asistencial da área sanitaria asegurou hoxe que xa se tiveron que habilitar 5 unidades de hospitalización e outras 2 de UCI.

Ademais, todos os hospitais da rede Sergas estarán coordinados, a partir de agora, como un único centro e quedan suspendidas todas as cirurxías en Montecelo agás urxencias, oncoloxía e operacións de patoloxía en “prioridade 1”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí