Ribeira homenaxeará ó colectivo dos taxistas co gallo do San Cristovo

Os vehículos a motor tomarán as rúas de Ribeira este domingo para celebrar a tradicional procesión na honra de San Cristovo, patrón dos condutores. O colectivo profesional homenaxeado neste ano serán os taxistas.

Off

A celebración do San Cristovo cumpre xa dez anos despois de que a asociación Alfaia en colaboración coa parroquia de Santa Uxía e o concello de Ribeira retomase esta tradición tras máis de catro décadas sen festexarse.

Inserto

Ás dez da mañá deste domingo, os vehículos participantes daranse cita no Malecón onde, aqueles que non o estean xa, serán engalanados con flores e outros ornamentos. A continuación terá lugar a actuación do grupo de gaitas Xiada e ás doce comezará a misa solemne na igrexa de Santa Uxía. Ó remate, os asistentes sairán en procesión para coller os vehículos no Malecón e iniciar un percorrido por toda a vila. Como cada ano, a celebración estará dedicada a un colectivo que nesta ocasión son os taxistas.

Inserto

O evento conta coa colaboración do Motoclub Os Reventapistóns e o sector dos camioneiros.