Un arco da vella suma os xardíns da praza do Concello ás reivindicacións do Día do Orgullo

PONTEVEDRA> Os xardíns de Pontevedra vístense para conmemorar o Día do Orgullo. O da praza do Concello xa loce un dos símbolos máis característicos do movemento polos dereitos LGBTIQ+: o arco da vella. Trátase dunha iniciativa enmarcada no programa municipal ‘Os xardíns que falan’.

Pontevedra suma os seus xardíns á celebración do Día do Orgullo. Dende hoxe, o da Praza do Concello loce o símbolo máis característico do movemento polos dereitos LGBTIQ+: o arco da vella.

A instalación deste elemento forma parte do programa municipal ‘Xardíns que falan’, posto en marcha pola concellería de Desenvolvemento Sostible.

Dende a súa colocación, moitos cidadáns aproveitaron o arco da vella para facerse fotografías e sumarse así á reivindicación do Día do Orgullo en Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí