Pontevedra celebrará o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia con dúas mesas redondas

PONTEVEDRA> O 11 de febreiro celebrarase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Unha xornada que o Concello de Pontevedra celebrará con dúas mesas redondas online. A primeira será sobre a investigación e, a segunda, sobre o STEMbach en tempos de Covid.

Recoñecidas doutoras universitarias, mestras e investigadoras uniranse para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. O Concello de Pontevedra celebrará esta xornada con dúas mesas redondas online. “Investigar en Pandemia” será o título da primeira delas, que se levará a cabo o día 10 de febreiro.

A segunda mesa redonda terá lugar o 11 de febreiro. Neste foro debaterase sobre como a pandemia está afectado ao Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía.

Na última mesa redonda estará presente tamén a voceira do CIM. Rosa Campos quixo poñer hoxe o foco sobre a importancia de dar maior visibilidade ao traballo que fan as mulleres na ciencia.

Elena Cartea, Susana Diz ou Esther Padín serán outras das mulleres que participarán nestas mesas redondas. Os dous debates emitiranse a partir das 20:00 horas a través das canles de Youtube de GCiencia e do Concello de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí