Pontevedra esixe medidas á Xunta para controlar a contaminación de mercurio en Ence-Elnosa

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra non tardou en reaccionar ante esta preocupante información. O alcalde asegurou que se trata de contaminación grave por mercurio, que pode ter importantes efectos na saúde dos veciños. Miguel Anxo Fernández Lores anunciou que preguntarán á Xunta de Galicia que medidas tomará ante o contido dos informes de ENCE.

O alcalde de Pontevedra non agochou a súa preocupación tras coñecerse o informe no que ENCE apunta á existencia de mercurio nas augas soterradas do complexo de Lourizán.

O concello enviará un escrito á Xunta de Galicia para preguntar que medidas vai tomar ante estas revelacións. O goberno local esixe á administración autonómica que se actúe para garantir a seguridade e a saúde dos pontevedreses.

Reclaman, ademais, que se fagan medicións fóra do complexo, para detectar posibles filtracións na contorna.

Fernández Lores recordou que a postura do concello sempre foi contraria á continuidade do complexo de Ence-Elnosa en Lourizán. A cloreira deixou de funcionar no 2018 e na actualidade está en proceso de descontaminación dos terreos. É precisamente a ela a quen atribúe ENCE a responsabilidade da contaminación. Agora, o goberno local volve reclamar a recuperación da ría.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí