PONTEVEDRA> Unanimidade na Deputación de Pontevedra para reclamar ao Goberno do Estado que estude posibles alternativas ao trazado da A-57. Partido Popular, Partido Socialista e BNG apoiaron a moción presentada polos populares con esta reclamación, que busca diminuír o impacto para os veciños e para o medio ambiente desta infraestrutura. Precisamente, o debate deste punto foi seguido por varios representantes das veciñanzas das parroquias de Xeve e Bora afectadas.
Unanimidade na Deputación de Pontevedra para instar ao Estado a que estude alternativas ao trazado da A-57. Partido Popular, PSOE e BNG replicaron o acordo ao que se chegou a finais de xaneiro na corporación municipal. As tres formacións apostan por buscar opcións menos lesivas para os veciños e o medio ambiente.
O debate e a votación foron seguidos dende o salón de plenos por un grupo de veciños afectados das parroquias de Xeve e Bora. Trala votación unánime, estalaron en aplausos.
A veciñanza insiste na inoperatividade desta infraestrutura, coñecida como a circunvalación de Pontevedra. E recordan o impacto que terá nas zonas afectadas polo trazado.
Tralo apoio conseguido no concello, primeiro, e na Deputación despois, a plataforma de afectados non desbota buscar tamén este respaldo no Parlamento de Galicia para intentar sumar voces ás súas reivindicacións que fagan ao Ministerio replantexarse a actuación.