PONTEVEDRA> O Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza volve ao Gastroespazo do Mercado de Pontevedra. Por segundo ano consecutivo, a escola contará cun espazo semanal para que o alumnado poña en práctica o aprendido. Neste caso participan cinco proxecto diferentes, que levarán as súas propostas a un escenario real con público. Unha colaboración única no Estado.
O alumnado do Carlos Oroza volverá encher de vida o Gastroespazo do Mercado de Pontevedra.
É o segundo ano que esta iniciativa se pon en marcha, permitindo ao alumnado entrar en contacto co público real.
O calendario comezará o vindeiro xoves, 6 de febreiro. E o Carlos Oroza xa ten listas as cinco propostas que se porán a proba no Gastroespazo.
Todos son conscientes da oportunidade que lles brinda este proxecto. Unha iniciativa única no Estado.
A intención do concello e do Oroza é afondar nesta colaboración. Tanto é así que como novidade neste 2025 ofrecerase durante o verán un espazo onde o alumnado interesado e escollido poida xestionar un dos postos municipais.
A partires da vindeira semana, cada xoves será a quenda dun dos proxectos para amosar o seu traballo a un grupo pechado de público, de entre 20 e 30 persoas. Os interesados deben reservar a súa praza a través da páxina web do centro Carlos Oroza.











