100 novos participantes formaranse no plan integrado de emprego da Mancomunidade do Salnés

MANCOMUNIDADE> A mancomunidade do Salnés presenta a novena edición do seu plan integrado de emprego. 100 participantes formaranse durante un ano nos diferentes cursos que oferta o proxecto. O obxectivo deste plan é a inserción laboral dos alumnos.

Un dos piares da mancomunidade do Salnés é a formación de persoas desempregadas. Para elo, o organismo comarcal leva a cabo un dos seus proxectos máis importantes, o plan integrado de emprego. A mancomunidade presentou hoxe a novena edición deste proxectos no que se formarán 100 desempregados durante un ano.

Os cursos alternan a formación traballos tradicionais coa busca de novos nichos de mercado a través das novas tecnoloxías.

O plan integrado de emprego colabora con máis de 600 empresa. De esta forma o participantes poderán realizar prácticas e adquirir unha formación máis especializada. O obxectivo é conseguir a inserción laboral dos alumnos.

O plan integrado de emprego conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

O obradoiro está adaptado para poder realizarse con todas as medidas de seguridade que a situación require. No caso de que fose necesario, o alumnado tamén poderá seguir coa formación de forma online.