Medio Rural alerta da intencionalidade que hai trala maioría dos lumes e pide precaución á cidadanía

PONTEVEDRA> A Xunta apunta a que a gran maioría dos incendios forestais que azoutan Galicia dende mediados do mes de xullo son intencionados. Así o asegurou esta mañá o Conselleiro do Medio Rural. José González apuntou que a día de hoxe aínda non hai ningún detido pero advirte de que se actuará con toda a contundencia contra os incendiarios.

Galicia vive unha situación complicada dende mediados do mes de xullo pola vaga de lumes que afecta aos seus montes. Así o apuntou esta mañá o Conselleiro do Medio Rural. José González asegurou tamén que están a detectar intencionalidade da maioría dos incendios.

Tamén lanzou unha mensaxe de advertencia aos incendiarios: actuarase contra eles con contundencia.

A falta de precipitacións e a situación de seca que hai semanas afecta Galicia favorece tamén a propagación dos lumes. Por iso o conselleiro lanzou unha mensaxe de prudencia á cidadanía.

Precisamente, as pesquisas apuntan a unha neglixencia como a orixe do lume no concello de Boiro, que xa leva 2.200 hectáreas calcinadas.

González apelou tamén á colaboración cidadá para detectar aos incendiarios. Só no mes de xullo, o teléfono 085 habilitado pola Xunta para denunciar calquera actividade incendiaria recibiu 120 chamadas

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí