Barbanza continúa coa campaña de vacinación a maiores de oitenta anos

BARBANZA> Esta mañá continuaba tamén na área sanitaria Santiago Barbanza a campaña de vacinación a maiores de oitenta anos, trala xornada piloto desenvolvida o pasado venres. Entre os centros de saúde da zona nos que hoxe se desenvolveu a vacinación atopábanse Ribeira e Muros.

Os centros de saúde de Ribeira e Muros foron dous dos oito dispensarios en toda a área sanitaria Santiago Barbanza nos que esta mañá continuou o proceso de vacinación a maiores de oitenta anos. Trala experiencia piloto desenvolvida o pasado venres hoxe vacináronse nesta área sanitaria un total de 800 maiores. Todos recibiron con satisfacción a vacina.

O proceso de vacinación continuará mañá de xeito paulatino noutros oito centros de saúde da área. Tocaralle turno a Boiro e a Noia, a onde serán citados os maiores da franxa de maior idade, non só do municipio, senón tamén de concellos limítrofes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí