Cambados homenaxea a Rosalía de Castro con libros e rosas

CAMBADOS> O concello de Cambados conmemorará o nacemento de Rosalía de Castro agasallando unha rosa e un libro biográfico de Ramón Cabanillas. Os obsequios entregaránselle ás primeiras 24 persoas que merquen mañá un libro en galego en cada unha das librarías da vila. Con esta iniciativa búscase homenaxear a escritora e fomentar a lectura en galego.

O día 24 de febreiro é o aniversario de Rosalía de Castro. Nesta data, numerosos concellos galegos levan a cabo iniciativas para homenaxear á escritora. Este ano súmase o concello de Cambados que agasallará ás primeiras 24 persoas que merquen un libro en galego nas catros librarías da vila.

O obxectivo desta iniciativa é incentivar as compras nunha época baixa para o sector.

As librarías contan xa con reserva de libros para o día de mañá. Dende os establecementos sinalan que a iniciativa está sendo un éxito.

Outras dos beneficios desta iniciativa é fomentar a lectura en galego.

Os interesados en recibir este agasallo deberán mercar o seu libro en galego en calquera das catro librarías da vila: Ramón Cabanillas, Contos, Nóbel e Castelao. Inda que o mellor agasallo sempre é somerxerse nunha boa lectura.