Segunda xornada de folga nas Escolas Infantís e no Centro de Día de Boiro

BOIRO> Hoxe viviuse a segunda xornada de folgas parciais nas escolas da Galiña Azul e no centro de día de Boiro cuxos traballadores demandan a consolidación dos seus postos de traballo. O persoal destes centros contou hoxe co apoio das familias que respaldan as súas reclamacións.

Segunda xornada de folga parcial nas escolas da Galiña Azul e no centro de día de Boiro. Neste caso, o persoal da Escola Infantil do Saltiño concentrouse esta mañá diante do centro para reclamar outra forma de  regular a súa situación laboral. A Xunta convoca agora unha oferta pública de emprego na que se inclúen os seus postos de traballo. Algo que consideran inxustificado, despois de anos exercendo o seu traballo.

Na xornada de hoxe o persoal contou ademais co apoio de moitas familias que respaldan as súas reivindicacións.

A súa intención pasa por continuar facendo estes paróns na súa actividade tódolos xoves de forma indefinida ata que non se atendan as súas solicitudes.

Na actualidade hai unhas 1500 persoas en toda Galicia afectadas por esta situación que traballan para o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, entidade do que dependen estes centros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí