BARBANZA> Un grupo de mulleres afectadas polo anticonceptivo de Bayern, Essure, concentráronse esta mañá diante do hospital da Barbanza. Con esta acción querían visibilizar o seu problema. A maioría delas padece numerosos síntomas que lles afectan no seu día a día. Entre outras cuestións denuncian a desatención por parte das Administracións e a descoordinación existente á hora de aplicar o protocolo de actuación de retirada do dispositivo.
Sabela, Eva, Damaris ou Isabel son só unha pequena mostra das numerorosas mulleres que hai en Galicia ás que se lles implantou o anticonceptivo permanente Essure, un sistema en teoría indoloro e de fácil instalación.
Pero ó cabo dos anos os resultados non foron os agardados. O dispositivo trouxo consigo numerosos efectos secundarios. O ministerio de Sanidade no ano 2017 decidiu retíralo dos sistema sanitario e o Sergas mesmo puxo en marcha un protocolo pionero en España para retirar este dispositivo a tódalas mulleres afectadas, pero non este non se cumpre.
A situación está a levar á plataforma de afectadas, constituída en Galicia no ano 2018, e da que forman parte ó redor dunhas 400 mulleres, a explorar outras vías para que se solucione o seu problema, denunciando a súa situación a través da Valedora do Pobo ou recorrendo á xustiza ordinaria.
Moitas grazas por darnos voz, cunha obxetividade tan certa, noraboa polo bó artigo de parte das vítimas do Essure de Galicia (asafesgal)