A xunta visita o campo da Bouza e a piscina de Ribadumia tras investir 40 mil euros nas súas melloras

RIBADUMIA> A xunta de Galicia desprazouse a Ribadumia para visitar o resultado das obras realizadas na vila no 2020. O organismo autonómico investiu no concello de Salnés máis de 40 mil euros. As intervencións permitiron mellorar o campo de fútbol da Bouza, a piscina municipal e o ximnasio.

A xunta de Galicia investiu no concello de Ribadumia máis de 40 mil euros na mellora de infraestruturas de uso público. Estas obras permitiron reformar algunhas das instalacións municipais deportivas do municipio. Unha delas tivo lugar no campo da Bouza, cun investimento que roldou os 28 mil euros.

Nesa zona tamén se mellorou a instalación eléctrica do colexio Xulia Becerra Malvar e o ximnasio municipal. A outra gran intervención tivo lugar na piscina municipal cun investimento superior aos 13 mil euros.

Dende o goberno de Ribadumia sinalaron que todas estas actuacións responden ás demandas do veciños.

Estas liñas de axudas en colaboración cos concellos, permiten á xunta acometer intervencións naquelas infraestruturas que máis o necesitan.

Dende a xunta sinalan, que con estas actuacións a intervención no municipio do Salnés é de máis de 800 mil euros nos últimos anos. Ambas administracións continuarán colaborando para realizar outras melloras en infraestruturas como o arquivo municipal ou o entorno do colexio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí