O mercado de automoción estará presente na Feira de Oportunidades de Ribeira

RIBEIRA> Ribeira acolle esta fin de semana a novena edición da feira de oportunidades do pequeno comercio. A actividade, organizada pola Asociación de Empresarios en colaboración co Concello, presenta importantes novidades este ano. Unha será o cambio de ubicación. Desenvolverase na praza do Concello. A outra é que se suma á feira o mercado da automoción.

Do venres 5 ó domingo 7 celebrarase en Ribeira a novena edición da feira de oportunidades organizada pola Asociación de Empresarios en colaboración co concello. Este ano a feira incluirá grandes novidades. Unha delas é a súa ubicación, xa que se celebrará na praza do Concello. A outra é que se suma por primeira vez á iniciativa o mercado de automoción, enfocada ós coches eléctricos.

Dende o Concello destacaron a importancia desta iniciativa que axuda a fomentar o consumo no municipio nuns momentos ademais complicados para o sector.

A Feira desenvolverase cunhas condicións especiais debido ás actuais restricións da crise sanitaria. O horario será, o venres e o sábado de dez da mañá a oito e media da tarde e o domingo de once a oito.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí