Vilgarcía trasladará ás redes sociais a maioría de actos do 8M

VILAGARCÍA> Vilagarcía presenta os actos do 8m condicionados pola pandemia da covid. O Centro de Información a muller realizará diferentes actividades enfocadas ás redes sociais. Ademais da lectura do manifesto, terán lugar concursos de fotografía, concertos con dj e reproducións de vídeos e películas.

O concello de Vilagarcía valerase das novas tecnoloxías para continuar loitando pola igualdade a través dos actos do 8m. Por mor da pandemia, as actividades adaptáranse para poder chegar a todos os fogares mediante as redes sociais.

A programación comezará o día 5 de marzo coa exposición na rúa “poñamos os coidados no centro”, que estará dispoñible ata o día 31. O día 6 comezará a maratón fotográfica, concurso que este ano farase de forma virtual. Ademais ese mesmo día terá lugar, a través das redes sociais, a primeira sesión musical a cargo de K dj, a segunda terá lugar o día 13 da man da señora dj. O día 10 no cine club adega reproducirase a película “a illa das mentiras”. O eixo  central das actuacións será a lectura do manifesto que se realizará o día 8 de marzo diante do concello.

O obxectivo destas actuacións e loitar pola igualdade reivindicando os dereitos das mulleres.

A programación non acabará no mes de marzo. En abril exporanse nas redes sociais do concello as imaxes da maratón fotográfica.