POIO> As obras da PO-308 volven a espertar as críticas en Poio. Nesta ocasión é un negocio o prexudicado pola actuación da Xunta de Galicia. Trátase do viveiro Aires da Terra. Un negocio situado en Samieira que está a ter graves problemas por esta reforma.
Hai dous anos a Xunta de Galicia remataba estas obras da PO-308. Unha actuación que deixou moitas luces e sombras no camiño. Un dos grandes prexudicados foi este viveiro Aires da Terra de Samieira.
En toda este tramo da PO-308 non hai nin un paso de peóns, o que obriga tanto aos traballadores deste viveiro como aos seus clientes, a ter que cruzar sorteando aos vehículos.
A propietaria do viveiro asegura que os propios responsables da obra déronlle a razón sobre as dificultades que existían neste tramo pero, tras máis de 2 anos de loita, a situación non mellora. Por iso, Loli Otero volve a esixir que se traslade a marquesiña ata este punto e que se engada un paso de peóns.
A propietaria asegura que moitos dos seus clientes xa non se achegan ata o seu viveiro polas dificultades que atopan á hora de aparcar. Por iso, Loli Otero asegura que se a Xunta de Galicia non actúa, veríase obrigada a pechar.