Optimismo moderado no sector do cámping con respecto á Semana Santa

A POBRA> Achegámonos ata o cámping Ría de Arosa, na Pobra do Caramiñal, para coñecer as previsións de reservas de cara a esta Semana Santa. Neste establecemento o ritmo de reservas é bastante alto a pesar da pandemia. Confían en manter un nivel de ocupación do 80%. Aínda así están a expensas de coñecer cales serán as restricións de mobilidade que haberá decretadas para entón.

A menos dun mes para o inicio da Semana Santa o ritmo de reservas no cámping Ría de Arosa, na Pobra do Caramiñal, é bastante alto a pesar da covid. Dende a xerencia móstranse optimistas de cara a esas datas. Aínda así están a expensas de coñecer cales serán as restricións de mobilidade que haberá decretadas para entón.

Segundo el a crise sanitaria si condicionou boa parte do ano. Aínda así os niveis de ocupación non foron de todo malos, por riba do 70%, grazas a fidelización do cliente nacional. Si notou unha baixa con respecto ó cliente estranxeiro.

De cara o verán, Manuel Domingo Rodríguez mostrase esperanzado. Segundo el valería a pena sacrificar uns días agora na Semana Santa e non condicionar todo o período estival.

En certa medida, dentro do sector turismo, os cámpings están a ser os menos afectados pola crise sanitaria, xa que son un forma de aloxarse segura e con tódalas comodidades, en plena natureza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí