A POBRA> Este mesmo martes arrancou a programación cultural da Pobra para este verán cun espectáculo de Duende Circo. Destacan as actividades programadas pola rede cultural da Deputación e os concertos do ciclo ‘Sons da Vila’.
Actividades de pequeno formato e o aire libre compoñen a programación cultural da Pobra para este verán. A maioría son espectáculos multidisciplinares para toda a familia que se desenvolverán en distintas prazas como o Cantón da Leña.
Dende o concello fan un chamamento á colaboración veciñal para colaborar adoptando as medidas de prevención e sen exceder a ocupación prevista para cada unha das actuacións.
Ademais da programación cultural e dos Sons da Vila, a concellería de Cultura traballa tamén en diversas exposicións e presentacións de libros que presentarán proximamente.