Sarela ofrecerá na pobra unha charla sobre dano cerebral

A POBRA> A Asociación Sarela ofrecerá o próximo xoves na Pobra unha charla sobre dano cerebral. Será a partir das sete no auditorio do museo Valle-Inclán. A entidade dispón ademais dun punto de información no hospital do Barbanza que está dispoñible o primeiro venres de cada mes.

No seu labor continuado de sensibilización, a asociación Sarela desenvolverá o próximo xoves día 10 unha charla na Pobra. O obxectivo é dar a coñecer as principais causas do dano cerebral, as súas secuelas e aquelas pautas que poden axudar a previlo así como os servizos de apoio ós enfermos e ás familias que ofrece a entidade.

As persoas interesadas en asistir non teñen que reservar praza previamente. Se desexan máis información poden dirixirse ó departamento de Servizos Sociais do concello da Pobra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí