O PSOE denuncia o incumprimento da Xunta nos obxectivos do Plan de Xestión de Residuos

LOUSAME> O grupo parlamentario do Partido Socialista denunciou o total incumprimento por parte da Xunta dos obxectivos do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia. As deputadas Paloma Castro e Noa Díaz denunciaron esta situación despois de manter un encontro con representantes do comité de empresa da planta de compostaxe de Servia, en Lousame.

A portavoz de Medio Ambiente do PSdeG no Parlamento, Paloma Castro, xunto coa tamén deputada Noa Díaz, mantiveron unha xuntanza con representantes do comité de empresa da planta de compostaxe de Servia, en Lousame. O encontro foi aproveitado para denunciar o incumprimento por parte da Xunta dos obxectivos marcados hai dez anos no Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia.

Por esta razón, dende o Partido Socialista esíxelle ó Executivo Autonómico que explique as razón deste incumprimento, que presente o informe de conclusións que tiña que ter elaborado e que indique as posibles sancións que isto levaría aparellado.

Dende as filas socialistas solicítanlle tamén á Xunta que xustifique onde destinou o investimento que tiña previsto para a construción de máis de once novas plantas de compostaxe das que non chegou a realizarse nin a primeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí