O Noia Portus Apostoli certifica a súa presenza na fase de ascenso a Primeira División

NOIA> O Noia Portus Apostoli conseguiu esta pasada fin de semana, co seu trunfo por 3-4 na cancha do Durán Ejido Futsal, certificar a súa presenza na promoción de ascenso á Primeira División, a categoría de ouro do fútbol sala a nivel nacional. A vitoria dos noieses, xunto a outros resultados que afectaban a rivais directos, fixeron que posible este logro, que quedará gravado xa para sempre na historia do Club. Esta próxima fin de semana non haberá partido de liga polo parón de Copa. O próximo encontro ligueiro dos noieses é en Mengíbar, coa disputa da quinta xornada do Subgrupo C.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí