Rianxo segue agardando polo centro de día

RIANXO> O alcalde, Adolfo Muíños, mostrou a vontade do Concello en poñer a disposición da Xunta o Pazo de Rianxiño para poder emprazar alí ese servizo. Na solicitude trasladada a Política Social, o executivo rianxeiro incide na necesidade de poder contar con este tipo de equipamentos públicos dentro da área da dependencia.

O alcalde, Adolfo Muíños, agarda pola chamada da consellería de Política Social para trasladarlle de novo a súa proposta de crear un centro de día de xestión pública na localidade. O rexedor insistiu na vontade do Concello en poñer á súa disposición o Pazo de Rianxiño, mercado para ese fin.

Pero o que si ten claro o rexedor é que ese equipamento debe ser público.

Outra das opcións plantexadas dende o Concello serían un terreos municipais existentes a carón do Instituto para ubicar alí unha residencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí