A DO Rías Baixas únese á FIVIN para reforzar que o consumo de viño con moderación ‘é saúde’

CAMBADOS> Rías Baixas quere reforza-la mensaxe de que consumir viño con moderación é sinónimo de saúde. A Denominación de Orixe vén de incorporarse á Fundación para a Investigación do Viño e a Nutrición con ese obxectivo, o de divulga-los aspectos beneficiosos dos viños, con moderación e  dentro dunha alimentación sa e variada.  Entenden que é importante trasladar esta mensaxe ao público en xeral, pero en especial á mocidade.

A Denominación de Orixe Rías Baixas quere potencia-la súa labor na defensa do consumo moderado do viño como un produto sinónimo de saúde. Para iso, o Consello Regulador vén de incorporarse á FIVIN, a Fundación para a Investigación do Viño e a Nutrición.

A Fundación ten como cometido a divulgación dos aspectos beneficiosos do consumo moderado do viño sobre a saúde, sempre acompañado dunha alimentación sa e variada. Os seus argumentos baséanse en criterios científicos, o que permite ó sector contar cun soporte fiable e rigoroso que apoia o produto.

Tanto FIVIN como a DO Rías Baixas entenden que que é importante trasladar esta mensaxe ao público en xeral, pero en especial á mocidade.

Ademais, outro dos obxectivos é defende-lo viño como alimento é, mais en concreto, como un produto esencial na denominada Dieta Atlántica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí