A Garda Civil fíxose con cincocentos dispositivos electrónicos falsos nun comercio de Noia

NOIA> A Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Noia fíxose con preto de cincocentos dispositivos electrónicos nun establecemento comercial da localidade. Os axentes iniciaron a investigación a raíz da denuncia interposta por una apoderada dunha empresa de protección da propiedade industrial con sede en Madrid. Segundo a denunciante, nun comercio noiés estaban á venda produtos que reproducían ou imitaban de forma non autorizada algunhas marcas ás que a súa firma representaba. Acompañados por un perito da empresa, os axentes do Instituto Armado realizaron unha inspección no establecemento denunciado, atopando no seu interior os  dispositivos electrónicos, imitacións de marcas con gran prestixio no mercado, valoradas nuns 16 mil euros. A Garda Civil abriu dilixencias contra o xerente do comercio como suposto autor dun delito contra a propiedade industrial. O caso foi posto xa a disposición do Xulgado de Instrución Nº 2 de Noia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí