Mar de Santiago prepara o seu desembarco en Fitur

CATOIRA> Mar de Santiago prepara o seu desembarco en Fitur. Os Concellos de Vilanova, Pontecesures, Catoira e Valga mantiveron hoxe unha reunión na que comezaron a perfilar a estratexia promocional común, de cara á feira de turismo que terá lugar no vindeiro mes de maio. Coa ría e o Ulla como eixo vertebrador, están xa a preparar distinto material divulgativo.

Fitur, a Feira Internacional de Turismo, celebrará a súa edición de 2021 entre o 19 e o 23 de maio. Vai se-la primeira edición na que o coronavirus estea presente, pero tamén Mar de Santiago.

O colectivo que conforman os concellos de Vilanova, Pontecesures, Valga e Catoira comezaron xa a deseña-la súa estratexia promocional común. Esta mañá, mantiveron unha xuntanza de traballo no consistorio viquingo. A estratexia, avanza o alcalde de Pontecesures, terá o río Ulla como eixo vertebrador.

Para o alcalde de Vilanova, Fitur será a ‘posta de longo’ de Mar de Santiago. Un proxecto que, na feira, vaise materializar en diverso material promocional.

Con este acelerón na carreira cara a Fitur, din os alcaldes, cónseguese o obxectivo de ter Mar de Santiago a pleno rendemento neste verán. Cun ollo posto, explican, no turismo de fóra, e co outro -e atendendo ás posibles restricións perimetrais- no galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí