A consellería de Medio Ambiente estudará o proxecto das vagonetas de Valga

VALGA> A consellería de medio ambiente estudia o proxecto das vagonetas de Valga para que convertelo nunha realidade. Tano a xunta como o concello consideran que é un plan que repercutiría no desenvolvemento económico e turístico da vila.

Un dos grandes proxectos do goberno de Bello Maneiro continua dando paso para converterse nunha realidade. O concello de Valga está a traballar para recuperar a antiga liña de vagonetas que unía o río Ulla coa mina Mercedes. Dende a consellería de medio ambiente aseguran estar estudando o proxecto.

Ao acordo acadado pola deputación e os concellos de Pontecesures, Caldas e Vilagarcía tamén se referiu o alcalde Valga. Que lamenta que o ente provincial non mostre o mesmo interese polo seu proxecto.

Bello Maneiro tamén resaltou a importancia que o proxecto ten para a vila.

A insistencia do alcalde de Valga está a levando a que cada vez máis consellerías se unan a este proxecto. Bello Maneiro desexa que a liña poda estar en funcionamento no Xacobeo 2021.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí