PONTEVEDRA> A mesa de traballo sobre o futuro da fábrica de ENCE en Lourizán xa ten data. A Ministra para a Transición Ecolóxica convocouna para este ´mercores, 21 de abril, ás 5 da tarde. Será en Madrid, en concello de Pontevedra e Xunta de Galicia xa anunciaron a súa asistencia.
Mércores 21 de abril ás 5 da tarde en Madrid. Son o día, hora e lugar escollidos para a reunión da mesa de traballo sobre o futuro da fábrica de ENCE na ría de Pontevedra. A Ministra para a Transición Ecolóxica cumpre así coa promesa que fixera ao comité de empresa da fábrica.
O concello de Pontevedra xa confirmou a asistencia do alcalde para, segundo explicou a voceira do goberno, defender a postura que manteñen dende hai máis de 20 anos.
Fernández Lores aproveitará a oportunidade para reclamar tanto á Xunta de Galicia como ao Ministerio que tomen unha decisión sobre o traslado efectivo da factoría.
A Xunta de Galicia estará representada na mesa polo Conselleiro de Industria. Segundo explicou Francisco Conde, a súa intención é pedir ao goberno do Estado que rectifique e suprima o artigo 18 da Lei de Cambio Climático. Dende o executivo autonómico entenden que suporía establecer unha data de peche para ENCE, mentres que eles apostan pola súa viabilidade e continuidade.
A Ministra Teresa Ribera anunciara a súa intención de convidar tamén á dirección de ENCE, aos representantes dos traballadores e aos do sector de transportes e forestal.