Policía Nacional e Garda Civil colaborarán con Pontevedra para garantir a seguridade nas citas deportivas e festivas do verán

PONTEVEDRA> Policía Nacional e Garda Civil colaborarán de xeito estreito coa Policía Local de Pontevedra no deseño dos dispositivos de seguridade e de tráfico para as citas festivas e deportivas que se celebrarán na cidade este verán. Esta mañá, o alcalde pontevedrés e a subdelegada do goberno concretaron na xunta local de seguridade esta coordinación.

As forzas e corpos de seguridade do Estado colaborarán coa Policía Local de Pontevedra nos dispositivos para garantir que as citas deportivas e festivas do verán na cidade transcorren sen incidencias.

Hoxe celebraron a xunta local de seguridade. Na cidade preocupa especialmente o dispostivio para a Copa do Mundo de Tríatlon que se celebrará a fin de semana do 23 de xullo, que coincide coas festas do Santiaguiño.

Na reunión tivo especial peso o incremento dos casos de violencia de xénero. Na provincia de Pontevedra medraron ata nun 20% nos primeiros cinco meses deste 2022. Nestes delitos tamén haberá coordinación entre Policía Local e Policía Nacional.

En canto ás citas festivas que se celebrarán ao longo do verán, como a Feira Franca, dende a Subdelegación informaron de que se incrementarán os efectivos dispoñibles na comisaría provincial de Pontevedra. Ademais, todos os responsables dos corpos de seguridade quedaron autorizados para coordinarse de xeito puntual para cada evento e acto que se celebre na cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí