Sanidade establece o nivel máximo de restricións no concello de Vilanova

VILANOVA> Sanidade establece o nivel máximo de restricións sanitarias no concello de Vilanova. Esta medida implica o peche da hostalería e o peche perimetral do municipio. O concello vilanovés súmase así ao Grove e á Pobra, que continúan nese mesmo nivel.

Tamén se determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Ribeira, Meis, Meaño e Ribadumia.

Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos concellos de Rianxo, Catoira, A Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Poio e Sanxenxo.

As medidas entrarán en vigo o vindeiro luns 26 a partir das 00:00 horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí