A XIX edición do festival Xironsa promocionará a tradición, a cultura e a lingua

CAMBADOS> Un dos eventos que teñen lugar nestas datas é que promove a nosa lingua, tradición e cultura é o Festival Xironsa en Cambados. A Agrupación Cultural Xironsa celebra a décimo novena edición dunha festa que este ano ten a Ses e aos Resentidos como actuacións máis destacadas. O evento terá lugar os día 30 e 31 de agosto en Corvillón.

A ritmo de gaita e pandeireta a Agrupación Cultural Xironsa presentou a décimo novena edición do seu festival. Un evento que terá lugar os días 30 e 31 de agosto e que dende o concello de Cambados destacan pola súa calidade e programación.

Dende a deputación de Pontevedra sinalan a promoción que este festival fai para a nosa tradición, cultura e idioma.

A actuación de Ses o venres e dos Resentidos o sábados son so pratos fortes do festival. Pero a oferta é moito máis ampla: Concertos, acampadas, xogos tradicionais, feira artesán, postos de comida ou xantar popular entre outros completan este evento. A novidade negativa ven pola desaparición do serán.

Ademais do concello e a deputación tamén colaboran no festival o Porto de Cambados e a adega Paco y Lola que porán nome aos escenarios. Un deles contará coa peculiaridade de que quedará rodeado polo mar cando suba a marea.

O xantar popular terá un prezo de 16 euros para os maiores de 15 anos e de 8 para os menores entre 6 e 14. Ademais o concello porá un punto lila para loitar contra as agresións sexuais.