Nace a Escola de Música de Poio con formación para todas as idades

POIO> Nace a Escola de Música de Poio. As clases comezarán no mes de outubro, para achegar formación e orientación musical a veciños de todas as idades. O proxecto conta cunha ampla oferta en linguaxe musical e formación en diferentes instrumentos. O prazo de matriculación xa está aberto e as clases se impartirán no colexio de Lourido, na parroquia de San Salvador.

Este mes de outubro o concello de Poio estreará Escola de Música. O proxecto terá sede no colexio de Lourido, na parroquia de San Salvador, pero nace para levar formación e orientación musical a veciños de todas as idades.

As clases ofreceranse a partires dos catro anos, coa creación de alomenos un grupo de adultos. As cotas oscilarán entre os 20 e os 40 euros mensuais. Cabe destacar a ampla oferta, tanto en linguaxe musical como na formación en diferentes instrumentos.

A consolidación de combos de música moderna, coros ou a creación dunha banda de música son outros obxectivos que se marcan os responsables da Escola.

O prazo de matriculación xa está aberto e pode realizarse chamando ao teléfono 636068829, no correo electrónico secretaria@esmupoio.com o una web esmupoio.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí