Os negocios de Vilagarcía agardan un novo éxito coa terceira edición dos bonos Son da Casa

VILAGARCIA> Ledicia entre os comerciantes e hostaleiros de Vilagarcía pola terceira edición dos bonos Son da Casa. A promoción permite aos establecementos aumentar as súas vendas ata nun 20%. O concello ofertará 3750 paquetes promocionais a partir do vindeiro 14 de maio.

Dado o éxito das dúas antigas edicións, o concello de Vilagarcía porá en marcha a terceira promoción dos Bonos Son da Casa. Unha iniciativa mediante a cal, o concello oferta 3750 paquetes cun custo de 20 euros. Cada paquete terá un valor de 30 euros para o cliente que poderá gastar nos establecementos hostaleiros e comerciais da vila. Os negocios agarda, un novo éxito.

Os clientes tamén agardan con entusiasmo esta promoción.

A promoción favorece a que os establecementos aumenten as súas vendas ata nun 20%.

Ademais de celebrarse nunha época baixa para o sector do comercio. A pandemia incrementa máis a dureza deste momento.

Os bonos sairán a venda o vindeiro 14 de febreiro. Dende a Zona Aberta agardan a resposta dos clientes nun momento tan complicado para o comercio de proximidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí