A 30 por hora: o ‘modelo Pontevedra’ expándese a todas as vilas

PONTEVEDRA> Xa están en vigor os novos límites de velocidade en vías urbanas. Nas de carril único, poderase circular como moito a 30 quilómetros por hora. No caso das rúas de plataforma única, o límite baixa ata os 20. A medida, implantada hai anos en Pontevedra, afecta a toda España. Busca reduci-la sinistralidade e tamén a contaminación.

Non é un sinal descoñecido para os condutores que circulan pola cidade de Pontevedra. Para os demais, váianse acostumando porque a partir de agora extenderanse a tódalas vilas de España. Como norma xeral, a velocidade nas vías urbanas de sentido único baixa ata os 30 quiolómetros por hora. Porque, segundo os expertos, pasar de 50 a 30 quilómetros por hora está demostrado que axuda a salvar vidas.

Pontevedra ten reducida a velocidade a 30 quilómetros por hora en todas as vías urbanas dende hai máis de dez anos. Un modelo que serviu de exemplo, xunto con outras urbes.

Maica Larriba aproveitou tamén para facer balance da sinistralidade viaria na provincia de Pontevedra no que levamos de ano. En comparación co mesmo período do 2019, os datos son optimistas. O número de vítimas mortais en vías interurbanas pasa de 11 a 7. Baixa tamén o número de feridos graves nun 50% e o de leves nun 40%.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí