90 equipos participarán na sexta edición da Copa Ribadumia

RIBADUMIA> 90 equipos participarán na sexta edición da Copa Ribadumia. Os partidos da cetegoría infantil disputaranse os días 12, 13 e 14 deste mes, mentres que os benxamíns competirán os días 19, 20 e 21. O torneo traerá ata Ribadumia combinados de todas partes de España, pero tamén terá unha destacada presenza internacional. Este ano estréase México, coa participación da selección da Copa de Aguascalientes. En conxunto, agárdase que a copa reúna no municipio máis de 5.000 persoas.

Sexta edición da Copa Ribadumia. O torneo reunirá 90 equipos das categorías sub-14 e sub-10. Un evento que sitúa ao municipio á altura de grandes cidades como Madrid, Barcelona, Santander, Bilbao ou Donostia.

Os días 12, 13 e 14, 36 equipos daranse cita na categoría infantil. A quenda dos  benxamíns será os días 19, 20 e 21, reunindo 54 equipos. A previsión é que por Ribadumia pasen en total unhas 5.000 persoas.

A Copa Ribadumia reunirá multitude de equipos de toda España. Terá tamén unha destacada presenza internacional. Este ano, com onovidade, incorpórase a selección da Copa de Aguascalientes, de México.

Miguel Vázquez e David Gómez, ‘Cheri’, históricos capitáns do CD Ribadumia, serán os padriños desta edición.

A copa disputarase nas instalacións do campo da Senra.